O austríaco Felix Baumgartner logrou concluír no ano 2012 con éxito o seu salto estratosférico dende os 39.068 metros de altitude durante nove minutos de caída. O especialista en deportes de risco conseguiu tamén romper a barreira do son sen axudas mecánicas, no que constitúe todo un récord nos límites do ser humano.Iban a ser 36.576 metros e o fixo a máis de 39 quilómetros. O austríaco, un campión do deporte extremo de 43 anos de idade, tivo como obxectivo catro bater catro récords: o de suba en globo a maior altura, o de minutos en caída libre, o da maior altura nun salto e o de maior velocidade en caída libre e só faltoulle este último. As marcas foron caendo, tras un proceso que durou algo máis de dúas horas e media para subir e nove minutos e dous segundos de angustia, ata que o saltador pousou os seus pés sobre a terra. Foi o salto máis alto da historia, nos que o mundo enteiro se arrepiou mentres o austríaco baixaba e era capaz de falar ao mesmo tempo. Baumgartner rompeu a barreira do son, máis de 1.130 quilómetros/ hora, chegou aos 1.173, apenas aos 45 segundos de lanzarse ao baleiro, dende o soporte exterior da cápsula, nunha vista impresionante. Despois de novos atrasos, como sucedeu uns días antes, a organización da aventura deu o visto e prace para o inicio, en función das condicións atmosféricas. Baumgartner comezou a subir ás 17:31 horas, cunha temperatura de 19,5 graos no interior da cápsula, de 1.315 quilos de peso, e de 13,1 graos no exterior. Con esas conversacións de son entrecortado, que recordaban aquelas de cando o home chegou á lúa, o austríaco prolongou o seu ascenso durante dúas horas e 33 minutos, sempre guiado dende o centro de control de Roswell (EUA) por JosephKittinger.FelixBaumgartner superou o anterior récord, que tiña Kittinger dende hai 52 anos. O capitán das forzas armadas estadounidenses lanzouse en 1960 dende os 31.300 metros, nunha caída que durou catro minutos e 36 segundos. -Aos catro minutos e 17 segundos, Baumgartner abriu o primeiro dos seus paracaídas, co que Kittinger manterá esa marca. lio 10 por cento do que tiña que ascender.
No hay comentarios:
Publicar un comentario