miércoles, 20 de noviembre de 2013

Un 'chip' molecular aumentará millóns de veces a potencia dos ordenadores

Un equipo de investigadores norteamericanos creou unha molécula que constitue por sí sola unha porta lóxica, o compoñente máis básico de calqurts ordenador, o sustrato que da corpo a un bit de información. A miniaturización progresiva dos chips deu así un salto cualitativo que permitirá a medio plazo, según os científicos, multiplicar por 100.000 millóns de veces a rapidez e potencia dos ordenadores actuais. Un chip do tamaño dun grao de area poderá, con esta tecnoloxía, albergar tanta capacidade de computación como cen ordenadores personais actuais. As posibilidades que abre o incremento semellante da capacidade para almacenar información son dunha magnitude difícil de abarcar coa imaxinación. O físico e inxeneiro informático Phil Kuekes, un dos responsables do avance técnico, destacou que os ordenadores basados na tecnoloxía molecular impregnarán cada rincón e obxecto da vida cotidiá. Un destos procesadores podería, por exemplo, viaxar polo fluxo sanguíneo en busca de anomalías que amenacen a saúde do usuario. O Pentágono tamén mostrou interés na nueva técnica polas súas previsibles aplicacións militares. Según algúns expertos, os novos chips moleculares poden chegar a sustituir a actual tecnoloxía basada no silicio. Pero quedan problemas por resolver: entre eles, fabricar un cable o suficientemente fino como para empalmar dúas moléculas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario